InicioCulturaFoliada Nordestía en San Cibrao este vindeiro sábado

Foliada Nordestía en San Cibrao este vindeiro sábado

Publicada o

- Advertisement -

A asociación A Rebolaxe de San Cibrao organiza este sábado 23 de Marzo a VIII Foliada Nordestía. Os actos comezan as 12 de mediodía cos Cantos de Taberna polos locáis de hostalería.

A continuación, as 15 horas, haberá un xantar popular. Os tickets pódense conseguir anticipados a un prezo reducido de 13€ en Hansel e Gretel ou en O Noso Lar, ambos en San Cibrao. Ata o 22 de Marzo. Tamén estarán á venda o mesmo día da Foliada na carpa instalada na Praza dos Campos. Unha vez rematada a comida haberá diversos obradoiros para todos os públicos.

Ás 21h comezará os concertos.

BRÚA, é unha banda nacida na zona vella de Compostela que traballa partindo fundamentalmente da tradición galega, incluíndo tamén repertorio de tradicións irmás, como a asturiana ou a portuguesa, amais de temas de composición propia. Procuran un estilo directo e sinxelo, pero coidando os arranxos e intentando que o resultado se axeite ben para o baile. O son de Brúa baséase na linguaxe do folk atlántico e nel nótase a experiencia nas foliadas e o contacto con outras músicas europeas.

TANTO NOS TEN, son un grupo de música da Galiza que empregan no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país, e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominan, música tradicional furtiva coa que tratan de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das súas intervencións, tanto de rúa coma de palco.

BANDA XANGAI, está banda é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya. Ese intercambio humano, social, cultural e artístico é o fío condutor dunha iniciativa única.

Xúntanse na Banda Xangai nomes imprescindibles da música galega, de bandas seminales do movemento Bravú e proxectos posteriores: Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto e Pulpiño Viascón), Os Papaqueixos (Xan Xove e Antón Díaz), O Jarbanzo Negro (Nacho López), Deus Ke Che Crew (García), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela), A Magnifique Bande dous Home Sen Medo (Martiño Mato e Olivier Cano)… Xuntos conforman unha locomotora musical de vocación festiva.

ÚLTIMAS

María Méndez: “Con ‘Paseos Saudables’ buscamos combater o sedentarismo na xente”

-En que consisten estes paseos saúdables e cal é a función que lle queredes...

Morre tras chocar contra un poste e outro coche en Viveiro

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar...

Obras de mellora e construción dunha nova canalización de augas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo mellora a rúa Manuela Barreiro e constrúe unha nova canalización...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro...