InicioCulturaCando volvamos: viaxar para atoparnos

Cando volvamos: viaxar para atoparnos

Os momentos de crise son cruzamentos de camiños onde cabe pensar cara onde imos, e este é un tempo propicio para revisar ese proxecto de vida que temos como persoas e como sociedade. O turismo non escapa á situación e ten motivos para cambiar e medrar con intelixencia, algo que como dicía aquel pensador suizo “é ó que acudimos cando non se atopan saídas”... que as hai.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A actual situación de crise sanitaria estanos a deixar e vainos deixar moitas reflexións sobre o noso modo de vivir e sobre tantas cousas. Como individuos, e coma sociedade global. O sector turístico non será alleo a este cambio de paradigma.

Moitos vímolo falando dende hai moito tempo, como discurso era algo xa case aceptado por todos… pero agora xa pasa de desexo a obriga: a sostenibilidade ten que marcar a folla de ruta do planeamento turístico tanto no eido ambiental, como no social, como no económico. Non hai alternativa se queremos sobrevivir.

Dito isto, o centro da miña reflexión nestes días convulsos vai tamén cara un tema sobre o que tamén temos conversado moito (como mínimo dende os anos da carreira), e por suposto apostado dende moitos proxectos en moitos lugares do mundo (dende o Terra de Resilienza no Cilento ata o On Va Sortir francés): o turismo de proximidade.

Non é cuestión de abandonar o turismo internacional (que é positivo e moi necesario), pero si tratar de equilibrar a balanza e facer unha maior aposta polo turismo de cercanía, polas viaxes pola nosa contorna, polo descubrimento daquelo que temos ó lado e nos pode acompañar case a diario… polo coñecemento, pola profundidade, polo desfrute dos pequenos detalles, pola non superficialidade.

Estamos abocados como especie, pero tamén como sector económico, á reinvención, á creatividade, e sobre todo á sensibilidade ca paisaxe e ca paisanaxe que protagonizan as nosas viaxes e as nosas vidas. Planeamento turístico, regulación da actividade, fincapé nese turismo local, e sobre todo evitar os excesos ou banalidades consumistas. Tal vez debamos volver revisar o 68 que non foi só francés.

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985) Guía Oficial de Turismo de Galicia e especialista en Turismo. Traballando actualmente dende os proxectos Guido Guía e As Viaxes de Guido

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...