TVG e RG, colapsadas por chamadas de protestas ante a falta de cobertura dos lumes

Críticas pola emisión de partidos de fútbol na RG e do Luar e Land Rober na TVG sen cobertura dos incendios. Feijóo decidiu comparecer en directo, xa pola noite, en programas televisivos. Os grandes medios tamén cambiaron a portada que adicaban a Cataluña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As redes sociais e os grupos de whatsapp, como en moitas outras ocasións, forons case os únicos medios que milleiros de persoas tiveron este domingo en Galicia para informarse da vaga de incendios que azoutan o país.

Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG)
Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG) | Fonte: PSdeG

Nin a TVG, nin a RG decidiron interrumpir a súa emisión habitual para dar conta da gravidade dos incendios que este domingo arrasaron centos de hectáreas en Galicia, principalmente, no sur de Pontevedra. Así, a TVG procedeu á reemisión do Luar e de Land Rover, mentres que a RG emitiu a súa habitual programación deportiva durante a tarde. Só pola noite, e ante a grave situación, estes dous medios públicos decidiron comezar a informar en directo do acontecido.

Feijóo cambia o discurso

Tamén  o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decidiu modificar a axenda informativa e decidiu, pola noite, saír nos medios de comunicación a tentar contrarrestar o caos. Así compareceu en directo por teléfono nos informativos da TVG e no programa especial de La Sexta sobre os lumes. Tamén facía o propio Alfonso Rueda, desde Baiona, na Radio Galega.

Tamén algúns dos grandes medios, incluídos algúns de Galicia, decidiron cambiar xa pola tarde as súas portadas, adicadas a Cataluña, para informar da gravidade do que estaba acontecendo no país.

Programa Land Rober da TVG
Programa Land Rober da TVG | Fonte: TVG

As redes sociais

Por iso, e a través, precisamente, das redes sociais, foron moitos os galegos que se mobilizaron para chamar á RG e TVG e pedirlles que informen sobre o acontecido. “A radio galega colapsada de chamadas de protesta”, informaban nestes grupos de Whatsapp.

Tamén a través das redes galicias crearonse cancelos específicos como #ardegalicia, no que numersoas persoas foron publicando fotografías e vídeos dos incendios e moitos comentarios críticos pola descoordinación e falta de medios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 CastroMoriche

O mecanismo de funcionamento dos medios publicos galegos é totalmente xerárquico. É imprescindible para democratizar os medios públicos galegos cambiar a forma como se elixe o director xeral. Só así os medios deixarán de funcionar ao servizo do partido do goberno e pasarán a ser un servizo público fundamental da sociedade galega. O escandaloso atraso na reacción de TVG débese a este mecanismo. Feijoo e asesores tardaron en decidir a liña editorial, a dos pirómanos terroristas, e logo foise transmitindo pola cadea de mando o que se tiña que dicir. Cando chegou á estrutura produtiva da televisión xa era tarde e a sociedade galega estaba escandalizada pola falta de resposta dos seus medios públicos. Nese momento TVG ponse xa a realizar especiais pero sempre facendo fincapé nas palabras crave: Terrorismo. Pirómanos. Despregamento de medios. Consignas e desinformación.

8 Antonio (Ourense)

Conecté la Radio Galega para informarme sobre los incendios ya que viajaba desde Opoprto a Ourense. Nada de información; solo fútbol. Así toda la tarde. ¿Ningún responsable reparó en que ayer había una operación retorno con miles de familias circulando por Galicia? Viendo las imágenes del túnel de A Cañiza se me ponen los pelos de punta pensando en lo que pudo haber ocurrido. VERGONZOSO. Responsables fuera, ya!

1 María Castro

Falso!! Nós tamén íamos no coche pola tarde e puidemos saber o que pasaba grazas á Radio Galega. Cada pouco entraban os informativos e ás oito da tarde botaron máis dunha hora seguida cos lumes.

7 Rama

Lamentable.

6 Galvao

A ver, home, a cousa e ben sinxela, até a noite o comisario politico da TVG non chegou a San Marcos, e non habia liña editorial coa que dar as novas... é só iso.

5 clara

Una vergüenza la gallega,pusieron algo pero no actualizaban las noticias,de hecho los incendios de Valladares,samil y demas no salia. Después entrevistaron a nuestro alcalde y decía que taba todo controlado,controlado lo que que solo te gusta ser el foco de atención menudo alcalde. Chapo a la sexta que gracias a ella pudimos ver en directo lo que pasaba. Nunca mamis. A por esa gentuza que deberían de meterla en medio del fuego a ver si le quedaban ganas de volver a hacerlo.