Parlamento Galego

Acordo parlamentario “unánime” para resolver a inseguridade viaria do apeadoiro de Vilaño na Laracha

Olalla Rodil defende o PLan Retorna para a volta da mocidade emigrada
  • A deputada do BNG, Olalla Rodil manifestou a súa satisfacción tras acadar un acordo, que ao seu xuízo,  resolve de maneira favorable   as demandas das familias sobre a inseguridade viaria  do estudantado da zona

A deputada do BNG, Olalla Rodil acadou hoxe un acordo, “por unanimidade” na Comisión de  Educación e Cultura que obriga ao Parlamento a instar á Xunta de Galiza a: “Estudar a modificación da actual parada do transporte  escolar ao seu paso por Vilaño, A Laracha, na DP-2404, ate un punto da mesma calzada onde se poida garantir maior seguridade das crianzas, vehículos e mesmo peóns."

Como valoración política desde o BNG dixo a deputada,  aledámonos de poder ter acadado este acordo unánime, que en parte “resolve o problema de seguridade que atinxía o estudantado que utiliza o apeadoiro de Vilaño” e como  pedían as familias pero , a xuízo da nacionalista, “non resolve de maneira completa  a problemática que se deriva dunha lexislación obsoleta en materia de transporte escolar e que na Galiza rexe desde 1986”. Neste sentido, a parlamentaria  avanzou que o BNG  presentará iniciativas encamiñadas a actualizar, mellorar e equilibrar territorialmente este servizo complementar tan importante para o noso país garantindo, en todo momento,  a seguridade viaria das nenas  e nenos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG