O BNG propón crear unha comisión parlamentaria para analizar e garantir o futuro das pensións

  • Defende un marco galego de relacións laborais, derrogar a contrarreforma do PP para recuperar todos os dereitos perdidos pola clase traballadora
  • Apoio ás mobilizacións da CIG, a empezar pola manifestación nacional do 28 de xaneiro

O BNG leva o debate do futuro do sistema público de pensións ao Parlamento onde pedirá a creación dunha comisión para analizar e garantir o futuro das pensións en Galiza. “Temos claro que é un sistema viable e que son decisións políticas as que pretenden desmantelar o actual modelo de pensións para privatizalo”, explicou a portavoz nacional, Ana Pontón.

Tras un encontro coa dirección da CIG encabezada polo secretario xeral, Xesús Seixo, Pontón anunciou unha batería de iniciativas “para impulsar un cambio a favor da maioría social, que inclúe a derrogación da reforma laboral ao igual que todos os recortes en materia de dereitos dos e das traballadoras, e para avanzar nun marco galego de relacións laborais”.

Ademais de compartir diagnose e propostas co sindicato, a portavoz nacional avanzou o apoio do Bloque ao calendario de mobilizacións previsto pola CIG, -que mesmo baralla unha folga xeral-, en defensa das pensións públicas, a empezar pola manifestación nacional convocada para o 28 de xaneiro en Santiago.

“É necesario unha gran mobilización social para reverter os recortes de dereitos e para gañara outros novos”, argumentou tras a xuntanza na que tamén participou a deputada Montse Prado, e neste sentido,  preguntouse por que o PP segue cos recortes mentres fala de recuperación económica.

“Falar de saída da crise é fraudulento cando se manteñen os actuais niveis de precariedade, desemprego e paro que fan que teñamos unha Galiza máis inxusta e desigual”. Con datos, 200.000 parad@s do que só unha cuarta parte cobra prestacións por desemprego, unha realidade salarial inferior aos 1.000€/mes e 700.000 persoas en risco de exclusión social.

ANAPONTON COCENTRACION APOIO NELIAPISCOApoio a Nélida Pisco

Pontón, xunto con responsables políticos do Bloque como Rubén Cela, Bieito Lobeira ou Montse Prado, participou na concentración de apoio a traballadora Nélida Pisco, acosada laboralmente pola empresa HEDEGASA, SL, concesionaria dun servizo de transporte público na Comarca de Compostela. O BNG demanda da Xunta que garanta o cumprimento dos dereitos laborais nesta empresa ou, de persistir no acoso, proceder a rescindir a concesión do servizo público.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG